DÍAS EUROPEOS DE LA ARTESANÍA
...
ADAO é unha asociación profesional constituída no 1996 que agrupa a artesáns de diferentes oficios. A nosa artesanía dará un sentido especial ao voso fogar con fermosas pezas de gran calidade. Descobre na nosa web todos os artesáns que colaboran con nós, así como os seus traballos e pezas únicas.
ADAO está formada por artesáns de oficio, profesionais de diversas especialidades que aman o seu traballo e queren dalo a coñecer como parte da historia e da tradición, converténdoa coa súa continuidade en algo de actualidade e innovación.
Organizamos feiras e outras accións comerciais, proporcionamos información a potenciais clientes e promovemos seminarios ou encontros de carácter profesional. Ademais asesoramos aos nosos asociados sobre trámites, axudas, accións, etc.
Os nosos obxectivos son a defensa e promoción das actividades artesanais e todas as súas vertentes, pero moi especialmente nos aspectos de carácter profesional, mellorando na medida do posible, as condicións do exercicio dos oficios artesanais e colaborando no seu progreso
Aquí podes atopar un listado e unha ficha técnica con toda a información sobre os artesáns que pertencen á nosa asociación. Todos eles fan labores únicas e moi diferentes dentro dos eidos do téxtil, a pratería e xoiería, cerámica, coiro, madeira… descóbreos todos AQUÍ
Estamos rodeados de inspiración e dedicación polos catro costados. Queres estar á última de todos os nosos eventos, noticias e novidades? Aquí poderás atopar toda a información sobre a nosa Asociación e os nosos artesáns.
¡¡ Vémonos na Feira de Artesanía en Ourense! Como cada ano a rúa do Paseo de Ourense albergará a Feira de Artesanía, nesta ocasión entre o 25 de abril e o 1 de ...
Encántanos comunicarnos co mundo! Por iso temos perfís nas principais redes sociais, síguenos, comparte, danos un «like» e estaremos en contacto informándote das últimas novidades, feiras, concursos… , así como información sobre traballos dos nosos artesáns e novas incorporacións.
Nosa páxina oficial
#artesandeourense
Todo o noso mundo
Ponte en contacto conosco