|
DescripciónDANZA DE COBAS, A LANZADA, PONTEVEDRA. Cada martes de Pascua celébrase na parroquia de Santa Cristina de Cobas, no concello de Meaño, unha danza de arcos en homenaxe á súa patroa, avogada dos males de ollo e protectora contra as dores de cabeza, peito, verrugas e vultos. Os seis danzantes, tradicionalmente homes, bailan unha danza de arcos e unha de castañolas ao son da gaita e o tambor. Diante do santo desenvolven diferentes figuras coreográficas e debuxos cos seus arcos baixo as indicacións dun guía que porta unha especie de bastón de mando. Van vestidos con camisa e pantalón brancos, faixa vermella e o peito atravesado por un mantón de cachemira. Todos portan un chapeo, pendurado do colo, do que colgan longas fitas de cores que chegan practicamente ao chan.
Fotografía de Fernando García
VotaciónEXIF
|