Antroido de Laza

 
<< Start < Prev Next > End >>

Descrición

LAZA

Chámase peliqueiro ou cigarrón a máscara característica do entroido de Laza e de Verín. A máscara vai coa cabeza cuberta con carauta de madeira pintada de cores rechamantes, que se prolonga nunha especie de mitra de metal cun motivo zodárico (león, lobo, touro). Detrás leva unha pelica de can, noutro tempo de gato montés, raposo ou lobo. Desta pelica venlle o nome de peliqueiro, que se lle dá en Laza.
Viste chaquetilla breve con alamares e galóns sobrecargados, e sobre ela un pano, que ten que ser novo e regalo da noiva; calzón corto con flocos sobrepostos e borlas multicolores; medias que a noiva levará ao altar o día da voda e na man un látego -zamarra ou zarrapo- formado por un hastil de madeira do que pende unha correa de coiro de boi. No cinto unhas grandes chocas que fará sonar na carreira ou movendo as cadeiras.
Case sempre saen en grupo, percorrendo as rúas da vila. Van en ringleira. Corren e choutan sen parar e non poden destapar a cara, agás nun local cerrado. Poden ser insultados pero non tocados. Ninguén pode descubrir a súa identidade.
Os veciños teñen a obriga de invitalos a viño e bica cando chaman ás súas casas ou mesmo se os sorprenden preto dun bar. O peliqueiro azouta as persoas do lugar que o insultan e provocan. Sobre todo, fustriga e ameaza, estalando o látego con forza contra o chan. "Mete medo". Esas son as súas prerrogativas. É unha autoridade, exerce un curto poder durante o tempo de Entroido.
 
Fotografia de Fernando Garcia

Votar

_RSGALLERY_VOTING_RATING: 0 / 0_RSGALLERY_VOTING_VOTES
_RSGALLERY_VOTING_VOTE:

Comentarios

_RSGALLERY_COMMENTS_NOCOMM

Engadir Comentario

O teu Nome:
_RSGALLERY_COMMENTS_TITLE:
_RSGALLERY_COMMENT_COMMENT:
[b]  [i]  [u]  [url]  [quote]  [code]  [img] 
 
  _RSGALLERY_COMMENTS_SEC_IMG_MISS
 

EXIF

Section Name Value
FILE FileName Enterro-e-queima-do-entroido-1.jpg
FILE FileDateTime 1239724879
FILE FileSize 281683
FILE FileType 2
FILE MimeType image/jpeg
FILE SectionsFound APP12
COMPUTED html width="2336" height="3504"
COMPUTED Height 3504
COMPUTED Width 2336
COMPUTED IsColor 1
APP12 Company Ducky
APP12 Info