Antroido de Cobres

 
<< Start < Prev Next > End >>

Description

 

COBRES
As madamas e galáns, que noutro tempo foron frecuentes nos entroidos galegos, hoxe só se conservan nas parroquias de San Adrián e Santa Cristina de Cobres, no concello pontevedrés de Vilaboa.
A mascarada é presidida polo mordomo, todo vestido de branco cunhas cintas vermellas e amarelas ao longo da parte exterior do pantalón, cubríndose cunha pucha azul. A súa función é a de dirixir o grupo. Seguidamente van as madamas e galáns, catro parellas cando menos, e outras tantas aldeás e de branco.
A base do vestiario é branca pero os complementos son de gran colorido, cubrindo totalmente o traxe. Os homes levan mantóns de Manila cruzados polas costas e na cintura e abundantes fitas e flocos por todas partes. As madamas levan un número esaxerado de colares e outros aderezos. Tanto homes como mulleres levan na cabeza un sombreiro de palla alto ao que cosen gran número de flores naturais ou artificiais, plumas, espellos, colgantes e algunha moneca, chegando a pesar ata catro quilos. Por detrás penduran moitas fitas anchas de cores que chegan á altura dos xeonllos.
Tradicionalmente, a comparsa empezaba a facer o percorrido, casa por casa, e lugar por lugar, o domingo de Entroido, recollendo de cada veciño un donativo en metálico do que leva conta o mordomo coa comisión de afrontar os gastos. As parellas danzan pasodobres e muiñeiras ao son duns gaiteiros en cada casa á que acoden. Este ir de casa en casa fano durante os tres días nos que se celebra o Entroido, rematando martes, que é o día grande. Este día faise unha corrida do galo, e para rematar a festa o predicador, coa cara tapada, le o sermón ou testamento do Antroido, onde se fai público o bo e o malo, máis ben o malo, do acontecido no entorno ao longo do ano.
 

Fotografia de Fernando Garcia

Vote

_RSGALLERY_VOTING_RATING: 0 / 0_RSGALLERY_VOTING_VOTES
_RSGALLERY_VOTING_VOTE:

Commentaires

_RSGALLERY_COMMENTS_NOCOMM

Ajouter un commentaire

Votre nom:
_RSGALLERY_COMMENTS_TITLE:
_RSGALLERY_COMMENT_COMMENT:
[b]  [i]  [u]  [url]  [quote]  [code]  [img] 
 
  _RSGALLERY_COMMENTS_SEC_IMG_MISS
 

EXIF

Section Name Value
FILE FileName 01-2.jpg
FILE FileDateTime 1239723514
FILE FileSize 1144161
FILE FileType 2
FILE MimeType image/jpeg
FILE SectionsFound APP12
COMPUTED html width="3504" height="2336"
COMPUTED Height 2336
COMPUTED Width 3504
COMPUTED IsColor 1
APP12 Company Ducky
APP12 Info