Inicio arrow Calendario
Calendario de eventos
Mes anteior Día anterior Día seguinte Mes seguinte
Ver ano Ver mes Ver semana Ver hoxe Buscar Ir ó mes específico
II Encontro interxeracional do concello de Valga Imprimir
Wednesday, 30 April 2008, 11:00 - 00:00 por gustavo

 

 

 

 

 

 

         ACTIVIDADES A DESENVOLVER
 
         Levarase a cabo todo o proceso de elaboración do pan: SEMENTEIRA, COLLEITA, MALLA, VERUTO, MOENDA, AMASADO, ROMERÍA NA CANDIEIRA e EXPOSICIÓN.
Tentaran reflexar fielmente a realidade, para iso contan con membros da asociación Axentiva (os nosos maiores) que son os que viviron toda esta tradición e están moi ilusionados con poder aportar o seu coñecemento para esta experiencia.
         Todos os participantes irán ataviados con roupas da época e usaranse os apeiros de labranza antigos.
         As pandereteiras intervirán en cada actividade.
     Na sementeira usaran arado de pau e  vacas.
     Dividiran a leira en dúas partes. Nun lado sementarán os maiores e noutro os nen@s cos seus mestres.
     As pandereteiras situaranse na entrada da leira.
     Para a colleita usaranse fouciños e carro de vacas para levar a palla ata o colexio “Xesús Ferro Couselo”. Alí deixarase uns días para despois levar a cabo a malla que se fará cos manles, en grupos de cinco persoas. Según se remate a malla, irase facendo o palleiro e separando os grans do trigo que quedarán a secar uns días. Verutarase nas peneiras e levarémolo ó muíño de auga. Unha vez traída a fariña voltarase verutar. Nos colexios, maiores e pequenos amasarán, e faranse bólas pequenas de pan que cada neno levará para a súa casa.
     Como remate final faremos unha romería na Candieira (toxeira rodeada de piñeiros). Faranse empanadas, rapotes, biscoitos e roscas co trigo sementado. Cantarase e bailarase ó son das nosas pandereteiras.
         Remataremos cunha exposición final no Auditorio de Cordeiro, onde con medios audiovisuais e fotográficos faremos un percorrido por todo o proceso ó mesmo tempo que mostraremos os apeiros utilizados.
 
          Durante todo o proceso, utilizaranse os seguintes materiais:
 
o   Apeiros de labranza: arado de pau, legoñas, angazos, cestos, carro, verutos, peneiras…
o   Vacas
o   Semente do trigo, abono.
o   Vestimenta…
 
A sementeira terá lugar o mércores, 30 de abril ás 11:00 a.m. na finca “O Pradiño” situada no lugar de Loncras, Ferreirós – Cordeiro (Valga).
 
 
 

Volver

JEvents v1.4.2   Copyright © 2006-2007