Inicio arrow Mostras do PCI
Mostras do PCI Imprimir E-Mail
domingo, 06 de enero de 2008
No hay traducciones disponibles

 

Coa intención de visibilizar o PCI e concienciar á sociedade da necesidade de salvagardalo, o proxecto Ronsel, co-organizou xunto coa Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte...nas Ondas!”, a Asociación de Gaiteiros
Galegos e o Concello de Pontevedra, organizou unha Mostra de Patrimonio Cultural Inmaterial Galego-Portugués na cidade de Pontevedra, co patrocinio das consellarías implicadas no proxecto e do Concello de Pontevedra.

Esta mostra pretendeu reflectir a diversidade patrimonial inmaterial poñendo ao alcance de todos e todas unhas representacións da súa riqueza, amosando como os coñecementos tradicionais se poden adaptar e vivir na sociedade actual, e como poden xerar expresións de alto valor estético, funcional e económico. Estas expresións, á marxe dos procesos globalizadores e uniformizantes, unha vez estudadas, postas en valor, reelaboradas e difundidas, preténdense reactivar para contribuír a un
diálogo eficaz coas demais sociedades modernas, desde as nosas interpretacións particulares e diferenciais.

Cada un dos ámbitos nos que a UNESCO describe o PCI contou cunha caseta específica no espazo desta mostra. Malia o carácter artificial desta clasificación cómpre non esquecer que cada un dos ámbitos está estreitamente relacionado cos demais, dos que depende. Por esta razón, dedicouse cada un dos cinco días da mostra a un dos ámbitos, que poña en escena o resto das temáticas, ben sexan os oficios, a música e o baile, as festas e os ritos, as expresións orais ou o xeito que os galegos, as galegas, os portugueses e as portuguesas temos de relacionarnos co noso medio natural e social.
Tampouco faltaron á cita as exposicións, os debates, as producións audiovisuais e a degustación de produtos ecolóxicos como carne ao caldeiro, viño ou pan.

Nas noites do venres ao domingo, finalmente, diferentes espectáculos musicais ocuparon a escena da mostra, como o Festival da Asociación de Gaiteiros Galegos, no que se deron cita algúns dos mellores grupos de música tradicional de Galicia, ou a VI Mostra da Oralidade Galego Portuguesa, organizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica “Ponte ... nas Ondas!”.

Nesta ligazón tes ao teu dispor o programa definitivo da mostra en formato pdf.

Á vista do éxito acadado pola Mostra, temos previsto para este ano 2008 repetir esta iniciativa en outra cidade, así como presentar outro tipo de formatos en distintas vilas do País.

 

 
< Anterior