Inicio arrow Galerías de Música
Galerías de Música
Os Sons da Limia Correo-e
Thursday, 18 de June de 2009
Sons da Limia é unha nova publicación promovida polo Concello de Vilar de Santos, Museo da Limia, Consellerías de Innovación e Industria e Cultura e Deporte, Xacobeo, Universidade de Vigo e o Proxecto Ronsel.
Este traballo consta dun CD de 70 minutos cunha selección de 38 gravacións de campo de música tradicional limiá. Ademáis, inclúe un libro de 50 páxs. cunha parte introductoria sobre a música limiá a cargo de Pablo Carpintero e comentarios aos temas de Cástor Castro. No seguinte enlace poderedes ver o libro en formato PDF: Os Sons da Limia.

Ler máis...
 
Veciños de Limiñoa. A Muiñeira Vella. Correo-e
Thursday, 23 de October de 2008

 

Os veciños de Limiñoa, no concello de Ponteceso; gardan fielmente un dos tres tipos documentados da muiñeira vella, a variante da muiñeira que antecedeu no tempo á muiñeira nova (desenvolta seguramente ao longo do século XVIII) e que tamén se denomina ribeirana ou muiñeira dos vellos. Como pronto veremos trátase dun baile arcaico, acompañado pola pandeireta tamén cun xeito antigo de tocar e cantar.
Ler máis...
 
César Fernández Correo-e
Monday, 01 de September de 2008

César Fernández é outro dos gaiteiros máis representativos da comarca da Fonsagrada. Este home naceu hai 77 anos na aldea de Queixoiro, parroquia de Padrón, no Concello da Fonsagrada. Como poderán comprobar nas gravacións que achegamos, César é un digno gaiteiro, máis tamén é un dos derradeiros tocadores de trompa que nos quedan en Galicia, de aí que o seu interese como portador da nosa cultura tradicional sexa dobre.

 

 

Ler máis...
 
Cantigas de Canteiros Correo-e
Tuesday, 20 de May de 2008

 

 

Escoitade as cantigas de canteiros que vos achegamos, recollidas polo Ernesto Veiga de Oliveira aos canteiros do Minho Portugués e apreciaredes claramente a utilidade destes cantos que de xeito moi común inclúen ordes a través de palabras como “arriba!” ou indicadores para realizar un esforzo como “ouh” ou “ai”.

 

Ler máis...
 
Os Silvas de Monforte Correo-e
Wednesday, 14 de May de 2008

 

Este é un dos últimos cuartetos tradicionais (gaita de fol, clarinete, tambor e bombo) que ficaban en activo en Galicia no ano 2002 data na que puidemos entrevistarnos cos seus compoñentes. Os Silvas estaban compostos naquela altura por Jesús e Arturo Rodríguez Sampaio, clarinete e tambor respectivamente, naturais de Vilaúxe, no concello de Chantada (Lugo), Claudio Pombo Pérez, gaiteiro da Pobra de Brollón (Lugo) e Ovidio, bombeiro de Monforte (Lugo).
Ler máis...