jueves, 15 de mayo de 2008 |
No hay traducciones disponibles
Redondela aspira á declaración de interese nacional para a Festa da Coca.
A Concellaría de Cultura de Redondela impulsará este ano a Festa da
Coca cunha recreación medieval,semellante á que se realiza noutras localidades da provincia dePontevedra, como a Arribada de Baiona ou a Feira Franca de Pontevedra.
|
Leer más...
|
|
miércoles, 14 de mayo de 2008 |
No hay traducciones disponibles
Este é un dos últimos cuartetos tradicionais (gaita de fol, clarinete, tambor e bombo) que ficaban en activo en Galicia no ano 2002 data na que puidemos entrevistarnos cos seus compoñentes. Os Silvas estaban compostos naquela altura por Jesús e Arturo Rodríguez Sampaio, clarinete e tambor respectivamente, naturais de Vilaúxe, no concello de Chantada (Lugo), Claudio Pombo Pérez, gaiteiro da Pobra de Brollón (Lugo) e Ovidio, bombeiro de Monforte (Lugo). |
Leer más...
|
|
martes, 13 de mayo de 2008 |
No hay traducciones disponibles
José Marentes é considerado polos seus veciños como un dos mellores gaiteiros da zona, e non sen razón pois trátase, sen dúbida, dun dos mellores gaiteiros que Galicia ten coñecido: a súa técnica é excepcional, o seu gusto para interpretar, exquisito, o seu sentido da afinación, absoluto, e o ritmo deste home é incomparable. É un gaiteiro absolutamente completo dende todos os puntos de vista e, por se fose pouco, humanamente é unha persoa afable e entrañable. |
Leer más...
|
|
martes, 13 de mayo de 2008 |
No hay traducciones disponibles
Manuel Viqueira é, sen dúbida, un dos gaiteiros máis destacados da comarca de Ordes. Representante dunha longa tradición de gaiteiros, Manuel conserva como moi poucos o tocar e o repertorio propios da súa zona. Vexamos como chegou a ser un dos grandes gaiteiros galegos do século XX.
|
Leer más...
|
|
martes, 29 de abril de 2008 |
No hay traducciones disponibles
Florencio "O Cego dos Vilares
O violinista cego máis célebre na actualidade en Galicia é Florencio, tamén coñecido coma o Cego dos Vilares. A Florencio López Fernández, nacido no lugar de Pin, parroquia de Bruicedo, concello de A Fonsagrada (Lugo) en 1914, a fama veulle principalmente polas gravacións súas incluídas no disco Recolleita Vol. I (Ed. Edigal, 1.984), coa coordinación de Pablo Quintana. Neste disco, que aconsellamos acadar polo valor tan grande que agora ten, Florencio compartía protagonismo con Eva Castiñeira, pandereteira e cantadora de Agransón, Muxía (A Coruña) e interpreta unhas tocatas e cántigas maxistrais de fondo valor musicolóxico
|
Leer más...
|
|
|
|
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 Siguiente > Final >>
|
Resultados 46 - 54 de 58 |