|
Descrición
O Globo de Betanzos
O 29 de maio de 1814 foi a primeira vez que un globo aerostático se lanzou dende a vila de Betanzos, en honor ao retornado rei Fernando VII. Dende entón a cidade continuou elevando aerostatos en ocasións puntuais e especiais como festas relixiosas, visitas reais etc. Foi no 1875, da man de don Claudino Pita Pandelo, cando comezou a elevarse o monumental Globo de Betanzos o que sucede desde entón nas Festas de San Roque, cada 16 de Agosto.
O globo de Betanzos ten 25m de altura e 50 de circunferencia, convertíndose así no globo de papel máis grande do mundo. Confeccionase con papel de 70g, recortado en pranchas de 50 cm2 e pegado con engrudo feito de fariña de centeo. Está formado por 16 cuarteróns nos que se debuxan e escreben todo tipo de chistes. Cada ano reúnense preto de 50.000 persoas na Plaza do Campo para ver como este enorme globo se eleva.
Fotografía de Fernando García VotarEXIF
|